A Biblia Kennicott, un dos textos sagrados hebreos máis afamados e que rematou de escribirse na cidade da Coruña o 24 de xullo de 1476, é outro dos obxectos da exposición. O Consello da Cultura Galega resalta que un dos aspectos máis importantes deste libro é que "confirma a presenza xudía na Coruña e por extensión en Galicia, moi escasamente documentada por outras vías". A obra foi encargada ó escriba Mosese ibn Zabara por Isaac de Braga.