Supermercados Gadis editará 20.000 libros en galego e distribuirá dous millóns de bolsas destacando a orixe do Día das Letras Galegas para conmemorar o 17 de maio. A compañía galega regalará, ademáis, 20.000 marcapáxinas co poema A fala de Manuel María para render homenaxe ao autor. Tamén Vegalsa-Eroski súmase á homenaxe a figura do poeta lucense, a quen se lle dedica este ano a festividade, elaborando material promocional e divulgativo sobre o escritor, consistente nunha tirada especial de preto de 500 carteis conmemorativos para as tendas da súa rede comercial. A compañía levou a cabo tamén unha tirada especial de 2.500.000 bolsas adicadas ao Día das letras Galegas.