A viúva do poeta ve a situación do idioma "peor que tempo atrás"

Saleta Goi segue a defender a importancia da lingua e de que a sociedade tome conciencia á hora de salvagardar o futuro do patrimonio inmaterial de Galicia

17.05.2016 | 08:17

Saleta Goi, viúva de Manuel María, continúa defendendo a día de hoxe a importancia da lingua e de que a sociedade tome conciencia á hora de salvagardar o futuro do patrimonio inmaterial de Galicia, tal e como ela e o homenaxeado este ano nas Letras Galegas demostraron ao longo da súa vida en común, a súa acción na clandestinidade e o seu traballo a favor da difusión cultural. Un dos fitos máis destacados desta traxectoria materializouse na libraría Xistral que ambos os dous fundaron en Monforte de Lemos a finais dos 60, e que se consagrou como referencia para a distribución de literatura escrita en lingua galega e único punto da localidade no que se podían adquirir pezas de Cerámica Sargadelos.

"Traballouse moito, sendo galega -a libraría- totalmente. No 70, o letreiro en galego, e as rapazas que contratabamos tiñan que falar en galego. E non pasou nada, era a que máis vendeu de Monforte", destacou Saleta Goi, nunha entrevista concedida a Europa Press. Nesta liña, defendeu que "ata nos negocios é importante ter personalidade, e o galego a dá". "Os rapaces do instituto dicían 'imos á libraría dos galegos".

En contraposición a este traballo e á defensa do idioma de Manuel María sitúase a situación actual do galego, que Saleta Goi considera que está "un pouco peor que hai tempo atrás". "Se os gobernos fomentan o idioma, a xente fala máis galego", considerou.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Lo último Lo más leído
Enlaces recomendados: Premios Cine