A Asociación Española Contra o Cancro denunciou onte a súa "profunda preocupación pola deficiente cobertura" da atención psicolóxica, social e de acompañamento que reciben os enfermos ao final da vida e chamou a atención ante unha situación que, dun ano a esta parte, "empeorou". A entidade lembra que según un informe da Sociedad Española de Cuidados Paliativos, só o 25 % dos recursos contan con psicólogos e traballadores sociais.