A tasa de abandono educativo, é dicir, a porcentaxe de poboación entre 18 e 24 anos cunha formación igual ou inferior ó titulo de Educación Secundaria Obligatoria baixou case dous puntos porcentuais na comunidade galega nos últimos dous anos, según os datos da última Enquisa de Poboación Activa. En concreto, Galicia rexistra unha tasa de abandono do 16,9% no primeiro trimestre do ano -un 1,6 puntos menos que os 18,5 do 2014- e a quinta máis baixa de todo o país.

Un total de dez comunidades melloraron os datos de abandono: Galicia, Andalucía, Baleares, Canarias, Castilla-La Mancha, Cataluña, Comunidad Valenciana, Madrid, Navarra e Ceuta. No lado contrario destacan Aragón, Asturias, Castilla y León ou Extremadura, onde a tendencia é xusto a contraria: hai agora máis porcentaxe de poboación que deixou os seus estudios antes ou o rematar a ESO que fai dous anos, según os datos da EPA.