O xogador do Real Madrid e da selección española de fútbol Francisco Alarcón Isco será o invitado desta noite, a partir das 21.30 horas, no programa El Hormiguero de Antena 3. O futbolista charlará con Pablo Motos e as formigas Trancas e Barrancas sobre cómo afronta a final da Liga de Campeóns que se emitirá o vindeiro 28 de maio así como o reto de participar na Eurocopa este verán.

Isco, que ademais é o novo embaixador global da icónica fragrancia masculina BOSS Bottled, explicará como combina a súa labor coma deportista e a de imaxe publicitaria de diferentes marcas.

Un día despois, o mércores, a colaboradora do programa Pilar Rubio execerá coma invitada por un día para presentar o seu libro Embarazada, ¿y ahora qué? que sairá a venda esta misma semana (o xoves). Trátase dunha guía moi visual e protagonizada por Rubio na que se dá consellos ás futuras nais sobre diferentes temas e ámbitos que poden interesarlles.

A última invitada desta semana no programa El Hormiguero será a actriz Paula Echevarría, que se atopa en pleno rodaxe dos novos capítulos da vindeira tempada da serie Velvet de Antena 3. A intérprete revelará anécdotas da grabación, detalles da nova tempada e tamén explicará un dos seus novos proxectos: o diseño dunha fragancia propia. Como é habitual tamén participará en probas e experimentos dos colaboradores.