'Psiconautas' do cineasta coruñés Alberto Vázquez, premiada nun festival búlgaro

17.05.2016 | 00:57
Alberto Vázquez.

A película de animación Psiconautas, los niños olvidados, dirixida polo coruñés Alberto Vázquez e o vasco Pedro Rivero, acaba de gañar o primeiro premio á mellor largometraxe de animación no festival de Stuttgart (Alemania) e no Golden Kuker-Sofia (Bulgaría). Proximamente, o filme participará en Annecy 2016, "o festival internacional máis importante do mundo da animación", explicaron desde Basque Film, unha das produtoras da obra.

Ademais destos dous galardóns en Alemania e Bulgaría, os dous directores desta película foron recoñecidos pola Asociación de Directores y Realizadores de Galicia (CREA) como a mellor obra de animación e a película obtivo o premio Lurra, outorgado por Greenpeace, na pasada edición del Festival de Cine de San Sebastián.

Esta semana -desde o 18 ata o 21- esta largometraxe estará presente no Festival de Cine de Cans en Porriño e despois participará na sección oficial do Festival Internacional de Cine de Animación Animafest Zagreb, que se celebrará en Croacia entre os vindeiros 6 e 11 de xuño.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


Enlaces recomendados: Premios Cine