Cen anos a prol do galego

A Fundación Barrié da Coruña acolle unha exposición con fotografías, documentos sonoros e obxetos sobre as Irmandades da Fala, entidade en defensa do idioma fundada en 1916

04.06.2016 | 12:37
Inauguración da exposición e varios dos obxetos da mostra.

A Fundación Barrié da Coruña inaugurou onte a exposición Saúde e Terra, irmá(n)s! que serve para difundir o legado das Irmandades da Fala e para continuar na persecución dos seus obxectivos, pendentes desde hai un século. A Real Academia Galega (RAG), a Deputación da Coruña e o Museo do Pobo Galego, con motivo do centenario da fundación desta asociación cultural, organizaron esta mostra con fotografías e 130 pezas, entre as que hai documentos orixinais e primeiras edicións, prestadas por institucións e particulares.

A mostra que poderá visitarse ata o 30 de xuño na Coruña viaxará despois -ata o mes de decembro- por outras cidades galegas coma Santiago, Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo e Ferrol.

O percorrido expositivo relata a historia das Irmandades a través de dez temas que profundan no seu labor, cada un desenvólvese nunha cabina na que se poden ver publicacións, documentos, imaxes e obxectos. É posible escoitar gravacións musicais e de discursos e artigos de personalidades da época, entre as que está a primeira gravación do himno galego. Contén, ademais, unha selección de pezas artísticas vinculadas aos temas e motivos que moveron a acción das Irmandades da Fala, fundadas o 18 de maio de 1916.

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, destacou que despois dun "traballo de meses" abre esta exposición que mostra "moitos dos legados, das ideas das Irmandades", entre os que hai uns cuantos "pendentes de cumprir". "É necesario coñecer as súas ideas, as súas palabras, tomalos como referentes, tamén fai falta que se coñezan os nomes destas persoas importantísimas, algúns exiliados, outros asasinados e represaliados", continuou. Os membros das Irmandades "transmitiron a necesidade de desenvolver proxectos vitais" para que Galicia síntase "un país" e iso recolle a mostra, que destaca o papel das mulleres, que "foron capaces de levantar a voz". "As Irmandades da Fala son vangarda, son necesidade de chegar a todos os puntos do país, é o que quixemos mostrar. Agora debemos escoitar, ver, ler, falar, tecer redes, vertebrar, que cale este pensamento alegre de irmáns", continuou.

O presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, asegurou que Galicia é o que é hoxe "en boa medida, grazas ás Irmandades", polo que expón o reto de "chegar a conseguir, entre todos, aqueles obxectivos que se expuxeron e que están por alcanzar".

Pola súa banda, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, considerou que "as Irmandades foron un momento histórico con maiúsculas" e o seu fundador, Antón Villar Ponche, é "tan grande, que case abarca os primeiros anos" da asociación. Durante a súa intervención apelou a saber que vai ocorrer dentro de varias décadas, cando espera que o espírito de defensa da lingua e a cultura galegas medre.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine