O coruñés David Pérez, Iria Misa e Manuel Esteban gañan os premios Xerais 2016

Pérez levou o Merlín de Literatura Infantil por 'Todo o tempo do mundo'; Misa, o Jules Verne por 'Xa non estou aquí'; e Esteban, o de novela por 'A ira dos mansos'

05.06.2016 | 13:12
David Pérez, Manuel Esteban e Iria Misa.

Dentro do marco da ficción pero nos límites conectados coa realidade e, especialmente, coas vivencias da sociedade actual e os seus problemas, móvense as tres novelas laureadas polos premios Xerais deste ano, que cumpren 33 anos. Na histórica Illa de San Simón, un exercicio máis, foron entregados onte os galardóns nun serán no que se desvelaron os nomes dos gañadores: o coruñés David Pérez Iglesias (premio Merlín), Iria Misa Peralba (premio Jules Verne) e Manuel Esteban Domínguez (premio Xerais). Entre os tres, recibirán 30.000 euros en metálico, dez mil por cabeza.

David Pérez Iglesias -profesor, escritor e guionista (Retornos), natural de Ames- fíxose co Merlín de Literatura Infantil con Todo o tempo do mundo no que retrata como unha nena preadolescente ten que ir vivir co seu avó á unha aldea na que el é o último habitante. O espírito urbana da pequena irá adquirindo o saber do maior e do lugar. Pérez é o único dos galardonados que contaba con obras publicadas anteriormente.

Pola súa banda, o médico vigués Esteban Domínguez conseguiu o Xerais de Novela pola súa obra A ira dos mansos onde emprega a novela negra para criticar a hipocresía social coa que se trata ás personas con discapacidade intelectual ou con diversidade funcional, partindo da aparición do cadáver dunha nena nun histórico edificio de Vigo que será pescudado por un inspector de policía. "Non son consciente do premio; nin sequera estou na fase de alegría, aínda estou na de shock, impactado", comentaba a este xornal na tarde de onte.

Por último Iria Misa Peralba (de Nigrán), licenciada en Filoloxía Inglesa e profesora de ensino secundario, conseguía o Jules Verne de Literatura Xuvenil con Xa non estou aquí, un título que narra a desaparición dunha adolescente que se foi afastando da familia e amigos para busca-la aceptación dunha tribu urbana e os relatos dos seus coñecidos reconstruíndo os seus últimos tempos e sentimentos con vida.

Nesta edición, estas tres obras venceron entre un total de 89 presentadas. No acto de entrega dos premios, Ledicia Costas pronunciou o seu discurso Todas as constelacións do mundo, adicado á Xeración Lamote "por abrir o camiño da esperanza" á poboación lectora cativa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine