O Portal das Palabras faise maior

17.06.2016 | 01:06
José María Arias, Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo, onte, na sede da RAG.

A Fundación Barrié e a Real Academia Galega (RAG) fan balance dos tres anos do Portal das Palabras, xunto con outros avances operados no Dicionario, tanto na súa versión web como nas aplicacións para móbiles. Son tres anos de cambios que se manifestaron na depuración do Dicionario, un contacto máis estreito coa sociedade, formando una comunidade pendente das novidades do portal, e incluso aspectos menos visibles como unha plataforma electrónica para o traballo dos académicos e académicas no desenvolvemento do léxico.

O Portal das Palabras é unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e de difusión da lingua galega. O Seminario de Lexicografía da RAG é o responsable dos contidos mentres que o desenvolvemento técnico se fai coa colaboración da Fundación Barrié. Desde os inicios concibiuse como un proxecto vivo e proba diso son as novidades que se presentaron onte na sede da Real Academia Galega, nun acto no que participaron o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero; o presidente da Fundación Barrié, José María Arias; e o secretario da RAG, Henrique Monteagudo.

"Hoxe celebramos o terceiro aniversario do Portal das Palabras, que é unha empresa fermosa e eficaz a favor das palabras galegas. E facémolo na Real Academia Galega, que é a casa da palabra e, polo tanto, a Casa das Palabras Galegas", expresou Alonso Montero, na presentación do acto.

"O portal debe medrar en profundidade implantándose aínda máis na sociedade galega e cara ao exterior pois queremos atopar instrumentos para compartir a nosa experiencia e recibir a experiencia allea", declarou Arias, presidente da Fundación Barrié. Nesta liña, o Portal das Palabras estase a preparar para que as súas tecnoloxía e metodoloxía poidan ser transferidas a outras linguas, iniciativa que se presentará o vindeiro xoves no encontro Hitzargiak, que se celebrará en Hernani (Gipuzkoa) diante de representantes de máis de oitenta linguas europeas.

Nos vindeiros meses, as entidades do territorio lingüístico galego poderán facer adaptacións do Portal das Palabras, creando o seu portal propio e específico. Crearase deste xeito unha rede de webs asociadas. Unha das ferramentas máis innovadoras é un bot para Facebook, Dicionario RAG, que define termos por medio do Messenger desta rede social.

A nova versión do portal incorpora tamén un sistema de colaboración para a mellora do Dicionario dándolle voz aos usuarios. A través da lapela Axúdanos a mellorar, visible ao final de cada busca dun termo, esta función permítelles enviar observacións e propoñer actualizacións ou melloras das definicións. O texto preditivo do Dicionario incorpora ademais as palabras que se recollen como entradas non correctas e as buscas contemplan a alternancia de xénero. Un sistema de procura das últimas voces actualizadas e o conxugador de verbos completan o renovado Dicionario na Rede. O Portal das Palabras tamén estrea novas versións das aplicacións para Android e iOS do Dicionario, unhas das máis innovadoras de Europa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Javier de Toro, jefe del servicio de reumatología del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña, responderá a preguntas de los lectores este jueves a las 11.30

 

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine