Cultura traballará para difundir a figura do autor

10.07.2016 | 01:39

A Consellería de Cultura e Educación celebrou a decisión tomada onte polo plenario da Real Academia Galega (RAG) de nomear ao escritor ourensán Carlos Casares como homenaxeado para o Día das Letras 2017. Segundo trasladou o departamento autonómicopor medio dun comunicado, a ampla produción bibliográfica do autor convérteo nunha "das personalidades máis importantes da cultura galega" das últimas catro décadas, e por conseguinte, merecedor deste nomeamento.

Cultura destacou, así mesmo, a faceta de Casares como crítico literario e escritor, coa sinatura de obras como Vento Ferido (1967) e Os mortos daquel verán (1987), entre outras publicacións "de grande valor para a cultura galega". Ademais, recordou o labor do autor de Xinzo de Limia como director da editorial Galaxia e da revista Grial ata o mesmo día do seu falecemento.

O departamento que dirixe Román Rodríguez avanzou que comezará a traballar coa RAG e co Consello da Cultura Galega, a Fundación Carlos Casares e a propia familia do escritor, para difundir a figura do homenaxeado.

"É a historia de Galaxia"

Tamén Galaxia aplaudiu a elección de Carlos Casares como autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017, xa que, "sen a súa obra literaria e o seu facer intelectual" non se podería entender a historia desta editorial, que presidiu entre 1986 e 2002.

"Todos os Días das Letras Galegas son importantes pero este, para a Editorial Galaxia, o é moito máis, porque Carlos Casares é a historia de Galaxia e non se pode entender Galaxia sen a súa obra literaria e facer intelectual", destacou a empresa a través dun comunicado.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


Enlaces recomendados: Premios Cine