Esta noite chega á Televisión de Galicia (TVG) unha edición máis de Vaia Troula. Nesta ocasión, a presentadora Nieves Rodríguez viaxará ata a concello coruñés de Betanzos para participar na Feira Franca Medieval, unha auténtica troula que recrea a chegada dos mouros a este concello. Alí haberá música, baile, humor e moitas máis sorpresas. Pola súa parte, a reporteira María Blanco achegarase a Ribadeo para celebrar con todos os veciños a Festa Indiana.

Ademais, Belén Vara estará en Vimianzo para asistir á Festa da Faguía, que ten lugar na parroquia de Carnés. Esta celebración, declarada de interese turístico en Galicia, destaca pola procesión de San Cristovo e polos deliciosos callos que os veciños cociñan para todos os visitantes; e Ariadna Leis irá a Ponteceso, onde celebran a tradicional Festa do Percebe do Roncudo de Corme.