O universo literario galego despide a un dos seus grandes alicerces. Un adeus ao que se sumaron a comunidade educativa, os políticos, editores, libreiros e de máis representantes da cultura. Todos están dacordo en salientar a bonhomía do escritor e profesor vilalbés Agustín Fernández Paz e o seu compromiso con Galicia e coa lingua galega. Alí estaba el cando se fixeron os primeiros libros de texto en galego, e grazas as súas historias hai novas xeracións de lectores e lectoras. A semana pasada aínda traballaba na edición especial de Cartas de inverno que Xerais publicará á volta do verán e coa que chegará aos 100.000 exemplares vendidos. "Moitas das nosas vidas están tecidas cos fíos das súas historias, que a obra dun escritor se incorpore á vida dos seus lectores só lle ocorre aos grandes", destacou Manuel Bragado.

Siga leyendo la noticia en Orbyt, o suscríbase a La Opinión de A Coruña y tenga acceso completo a todas nuestras noticias sin límites.