A Televisión de Galicia celebra o seu 31 aniversario cunha gala especial

Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro conducirán o evento, cunha vintena de artistas

25.07.2016 | 00:28

Coincidindo co 25 de xullo, Día de Galicia, a canle pública emitirá hoxe unha gala especial para conmemorar o seu 31 aniversario. O programa especial Gala 31 aniversario da Televisión de Galicia estará presentado por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro, que se encargarán de conducir un evento que reúne no escenario a unha vintena de artistas recoñecidos.

Músicos coma Cristina Pato, Susana Seivane e a Banda de Gaitas Xarabal poñerán en valor un dos instrumentos máis representativos do territorio galego: a gaita. Ademais, Davide Salvado e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre recuperarán nas súas actuacións a música tradicional galega, acompañando as súas voces con pandeiros e coas ferreñas das pandeiretas.

Sondeseu, a primeira orquestra de música folk de Galicia dirixida por Rodrigo Romaní, tamén terá un espazo esta noite. Os temas do conxunto, formado por máis de cincuenta músicos, recobran a tradición oral e permiten apreciar a versatilidade de gaitas, zanfonas, requintos e frautas.

Alén da música tradicional, na gala conmemorativa do 31 aniversario da TVG tamén haberá espazo para outros xéneros musicais con representación galega. O grupo da movida Os Resentidos participará neste evento, lembrando os ritmos dos 80, coas letras máis orixinais; Wöyza demostrará dende o escenario que o hip-hop e o soul tamén teñen representación en Galicia e De Vacas, interpretarán O Taxi.

O humor tamén estará presente no evento.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


Enlaces recomendados: Premios Cine