ÚLTIMA HORA
Abatido el presunto asesino de al menos tres personas en Teruel

A Xunta pon en marcha un plan para fomentar o uso do galego nas empresas

O Goberno autonómico pretende que os sectores económico, industrial e comercial incorporen o uso da lingua galega á súa actividade cotiá

02.09.2016 | 01:00
O conselleiro Román Rodríguez (primeira fila, terceiro pola izq.) na reunión de onte en Santiago.

A Xunta presentou onte o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico para o período comprendido entre os anos 2016 e 2020. O Goberno galego apuntou que o galego "debe dotarse da consideración social necesaria para ser tamén a lingua da economía, da industria e do comercio, dos contratos e os negocios na comunidade autónoma de Galicia e mesmo máis alá dos seus límites administrativos". Por este motivo, comprométese á creación de maiores oportunidades económicas e a velar pola viabilidade do noso idioma.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, é o órgano impulsor deste plan, o que non significa que sexa o único ente implicado na súa aplicación, posto que todas as consellerías colaborarán para conseguir o seu éxito. Trátase, pois, dun proxecto unitario da Xunta no que todo o Goberno galego estará implicado.

O proxecto púxose en marcha en 2015, ano no que se iniciou unha campaña de difusión do plan para presentárllelo ás principais organizacións interesadas, públicas e privadas, vinculadas ao mundo empresarial e tamén ás que traballan a prol do fomento da lingua galega. Polo tanto, aínda que se trata dun proxecto que parte da Administración Autonómica, busca a transversalidade e a implicación de toda a sociedade, principalmente do sector económico e empresarial, pero tamén das entidades locais e das que traballan a favor da lingua galega.

O Plan de dinamización inclúe un total de 81 medidas que tratan de fomentar a lingua galega a través da implicación doutros, de todos os actores relacionados cos diferentes sectores empresariais, e conta cun orzamento total de 5.187.327 euros. Á SXPL correspóndenlle 1.907.215 euros e a outros organismos 3.280.112 euros.

Oito das áreas de actuación do plan correspóndense con sectores empresariais concretos: hostalería, comercio, alimentación, TIC, construción e inmobles, banca, asesoramento e intermediación e publicidade. Ademais destes sectores, consideráronse outras dúas áreas que xa recollía o PXNLG: as cooperativas e o ámbito das relacións laborais. Tamén están previstas unha serie de actuacións xerais para o conxunto das empresas ou que se poden aplicar en calquera sector de actividade de xeito transversal.

Como detallan desde a Xunta, iniciativa ten tres obxectivos estratéxicos principais. "Crear conciencia de que o uso do galego favorece os resultados e obxectivos empresariais e as relacións laborais, comerciais e bancarias. Estender o uso da lingua galega no ámbito económico nas relacións laborais, comerciais e empresariais, tanto na oferta como na demanda de produtos e servizos. E utilizar o galego para impulsar unha imaxe de marca diferencial propia de Galicia e os seus produtos que estea vinculada á calidade e á innovación e que lles transmita confianza ás persoas consumidoras e ao empresariado".

A organización do seguimento, o control e a avaliación do Plan de Dinamización realizaranse mediante unha comisión de seguimento (que inclúe representantes da Xunta, empresas, sectores e entidades relacionadas coa lingua, elixidos pola SXPL), un informe de seguimento e unha memoria anual. Ademais, periodicamente, convocaranse reunións de seguimento e levaranse a cabo actividades de comunicación e difusión da execución do Plan ata o ano 2020.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine