O Instituto Cervantes, que conta con 76 sedes en todo o mundo, ampliará desde este ano as súas accións de proxección internacional da lingua galega en colaboración coa Xunta de Galicia. Faráo en virtude do acordo que asinaron o titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mais o director deste organismo, Víctor García de la Concha.