Na última fin de semana do verán, o programa Aquí hai praia despide hoxe temporada visitando outros tres areais destacados de Galicia. Un deles é a praia de Mera, en Oleiros, moi visitada por residentes da zona. Foi galardoada con bandeira azul no ano 2016 tanto pola pureza e tranquilidade das súas augas como polos servicios que ofrece.

O espazo da TVG tamén se achegará á praia de Coroso, en Ribeira, de ámbito urbano, que goza dun excelente paseo marítimo ao longo de todo o areal. Desde ela existen unhas fenomenais vistas de Ribeira, da illa de Rúa e da ría de Arousa case no seu tramo final.

O refrescante percorrido deste domingo rematará na pequena praia dos Olmos, situada moi preto do coñecidísimo areal vigués de Samil. Nela pódese gozar dunha agradable xornada na máis absoluta tranquilidade.