Dornas, raias e redes representan a Portonovo no 'Ribeiras de salitre' da TVG

O programa acércase esta tarde a coñecer a vida mariñeira da vila pontevedresa

02.10.2016 | 01:52
A peixeira Pilar Gómez co presentador do programa Henrique Rivadulla.

Porto elegante o de Portonovo no seu sentir mariñeiro. Cunha confraría na que están asociados 150 socios con 45 embarcación, nas que traballan ao cerco, as nasas e artes de enmalle. O programa Riberiras de salitre, da TVG, viaxa esta tarde ata este enclave.

Portonovo é un porto onde se sabe coidar do pasado mariñeiro, Alejandro Piñeiro, representante da Asociación da Dorna, falará dese pasado que motivou a creación da asociación para traballar na recuperación das embarcacións tradicionais, e do proxecto do que sería un museo flotante, que consiste un pantalán onde ter atracadas diferentes tipos de embarcacións tradicionais, pera poder se contempladas polos visitantes e contarlles as características e usos de cada unha.

A forza das mulleres de Portonovo está na peixeira que máis sorrí, Piliña Gómez.Unha muller aínda nova pero que leva máis de 15 anos de peixeira. Filla de peixeira e de mariñeiro, ten un posto na praza de abastos de Portonovo. Ela é todo alegría e manifesta que o mar forma parte esencial da súa vida, e o oficio de peixeira máis que un traballo é un xeito de vivir.

A raia é o peixe que representa a este porto e imos cociñalo con José Juan Suarez e Pastor Gómez, que co seu grupo de amigos tamén van cantar cancións do mar. Todos eles xúntanse nun furancho de Portonovo, xa están xubilados e agora dedícanse a gozar da vida xuntándose para comer e cantar, e nesta ocasión van a facelo para Ribeiras de salitre. Ana Cancela é unha artista plástica que fixou a súa mirada artísticas nas redeiras. Como pintora e fotografa editou o libro Mulleres entre redes. Do invisible ao visible, no que experimenta, con propostas plásticas anovadoras, sobre o traballo das redeiras de Portonovo, co obxecto de dar a coñecer o seu traballo e facelas visibles para as persoas alleas ao mundo do mar.

E redeira con forza vital e elegante é Manolita Domínguez, esencia das mulleres mariñas. Xa retirada narra a súa vida atando redes. Unha vida da que se sinte moi orgullosa, a pesar que lle tocaron tempo difíciles, cando o traballo das redeiras era mási dura que na actualidade, pois daquela as redes era de algodón e brancas, e era preciso tinxilas cocéndoas en casca de pino e logo téndelas a secar.

E na lonxa de Portonovo trátase o peixe cun coidado especial, como nos explica o patrón maior José Antonio Gómez, que ademais é presidente da Federación de Confrarías da Provincia de Pontevedra. Falará do sistema de traballo na lonxa, no que o peixe só o toca a persoa que o vai comprar.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine