Celebran as súas vodas de plata como un claro referente do ensino da lingua galega no exterior. O Instituto Español Vicente Cañada Blancha de Londres imparte galego desde o ano 1991 coma materia optativa en Secundaria e como extraescolar en Primaria. "Este curso, de 158 de ESO, temos matriculados a 50, case un terzo, e en Primaria hai dous grupos con 31 alumnos", explica a responsable do proxecto Galego en Londres, Begoña González, quen recoñece que o perfil do alumnado é moi variado aínda que hai un "núcleo duro" que ten vinculación coa comunidade. "Moitos son procedentes de Galicia ou fillos e netos de emigrantes, moi unidos a nosa terra. Son galegofalantes, teñen familia alí e seguen a pasar as vacacións alí. Apúntanse a galego porque perfeccionan a lingua e manteñen o vínculo coas raíces familiares. Hai moitos da zona da Costa da Morte", explica González, quen engade: "Tamén hai moitos que non teñen vínculo con Galicia pero entenden que aprender novas linguas é un valor e ven o galego coma unha oportunidade para abrir as portas ao mundo lusófono no futuro".

A labor de este centro é moito mais que dar clases sobre gramática. Eles son os encargados de dar a coñecer Galicia a suas costumes, historia e cultura entre rapaces que moitas veces non saben nada desta terra. "O ensino do galego va máis alá do ensino da lingua. Boa parte das actividades que se propoñen no centro danlles a coñecer os nosos costumes máis tradicionais, pero tamén a Galicia moderna que se proxecta a través das artes, as ciencias, o cine", explica Begoña González, quen explica que en esta última parte axuda moito a visita de galegos que destacan en diferentes ámbitos e que charlan cos rapaces. Nos últimos meses pasaron polo centro londinense a música Mercedes Peón, o actor Carlos Blanco, o astrofísico Antón Beleato e outros galegos do mundo da enfermería, a fotografía, o deporte ou a ensinanza.

"Tamén participamos a miúdo con outros centros galegos que visitamos na nosa viaxe anual a Galicia", indica González e explica que organizan todo tipo de actividades (concursos de marcapáxinas sobre Manuel María, sobre fotografía ou unha campaña contra los malos tratos) co galego coma lingua protagonista para familiarizar aos rapaces con este idioma. Toda unha labor que se visibiliza no Facebook e Twitter de Galego en Londres que ten miles de seguidores e no que ademais os coordinadores divulgan a actividade que realizan distintos galegos en Londres.