A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, á que están adscritas case 180 entidades de toda a comunidade, celebrou onte a súa reunión ordinaria anual na que se aprobaron as liñas de traballo para o vindeiro ano nas que destacan medidas para "a dinamización do uso de galego na mocidade, en especial atención aos neofalantes, nas tecnoloxías da información e o coñecemento e mais na promoción do uso da lingua propia de Galicia no marco da lusofonía", según indicaron desde a Consellería de Cultura. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, xunto o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, foi o encargado de presidir esta xuntanza que se celebrou na localidade lucense de Outeiro de Rei como peche ao ano de homenaxes ao escritor Manuel María, nado nesta localidade e o que se lle adicou o Día das Letras Galegas.

Tal e como é habitual nesta xuntanza ordinaria anual, o consello de membros da Rede aprobou as actividades a realizar no 2017. Entre elas ínstase as entidades adscritas a organizar actividades e accións para fomentar o uso da lingua galega entre os máis novos, no marco do novo plan de dinamización lingüística anunciado pola Xunta; a favorecer o uso do galego nas novas tecnoloxías así como a promoción do galego no marco da lusofonía para contribuir desde a propia Rede a dar cumprimento a Lei 1/2014 do 24 de marzo para aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia e coñecida popularmente como lei Paz-Andrade. Estas liñas de traballo da Rede de Dinamización Lingüística completaranse coas accións e medidas de dinamización da lingua que promove directamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que soen estar centradas na dinamización do galego no lecer e nas festas, na infancia, no tecido socioeconómico o una transmisión interxeracional do idioma.

A orde do día de esta reunión tamén incluiu a ratificación da solicitude de adhesión á Rede de oito novas entidades. En concreto aprobouse a entrada neste organismo dos concellos coruñeses de Mazaricos, Trazo, Tordoia, Coristanco e Cabanas. Ademais formarán parte da Rede os municipios de Gondomar, Monforte de Lemos e Pantón. Deste xeito, según resaltan desde a Consellería de Educación e Cultura, conforman actualmente a Rede de Dinamización Lingüística 178 membros, entre eles máis da metade dos concellos galegos e outras entidades coma o Consello da Cultura Galega ou a Federación Galega de Municipios e Provincias.

Aprobouse tamén a memoria de actividades do ano que está a punto de rematar. O longo deste 2016, a Rede de Dinamización Lingüística levou a cabo preto de 250 accións deseñadas e desenroladas en diferentes concellos, no marco dos coñecidos programas FalaRedes, Galicia Culturea. Cultura e lingua no verán, Nadal en Rede ou A Rede celebra...

Por último, nesta reunión anual -presidida por Valentín García e a que asistiron representantes das diferentes entidades que conforman a Rede- analizouse o novo Portal Xurídico Galego, un recurso telemático que acaba de materializarse e o que se lle quere dar especial difusión desde a Rede. Segundo explicaron desde a Consellería de Educación e Cultura, este portal "materializouse gracias ao esforzo coral e traballo conxunto da Xunta, do Parlamento de Galicia e da Universidade de Santiago (USC)" e resaltan que "recolle a totalidade da lexislación galega consolidada e comentada desde a preautonomía ata a actualidade".

A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta é un proxecto impulsado polo Goberno galego no ano 2010 - a través da Consellería de Cultura- co obxetivo prioritario de establecer e consolidar vías estables de colaboración, cooperación e coordinación entre as administracións local e autonómica, dando así un paso máis na promoción planificada no noso idioma, según explican na Xunta. Ademais esta entidade ten a finalidade de ampliar os usos da lingua galega, incrementar o seu prestixio e favorecer a súa visibilidade nos distintos ámbitos sociais.

A Consellería de Cultura explica que desde a creación de esta Rede, "o diálogo entre administracións, asociacións, fundacións, colexios profesionais ou outras entidades supuxo unha nova dinámica de traballo que prima a optimización de recursos, evita duplicidades e busca favorecer unha política lingüística más eficiente e eficaz".

A partir dunha planificación lingüística conxunta, a Rede de Dinamización Lingüística leva desde a súa constitucional formal, en outubro de 2011, definindo estratexias básicas comúns en todo o territorio e compartindo experiencias, materiais e información entre os distintos membros que desde onte elévanse a 178.

Tras a reunión anual, os membros da Rede visitaron a casa museo do autor Manuel María, protagonista o pasado 17 de maio do Día das Letras Galegas.