A CORUÑA EMPRENDE

Leccións para triunfar fóra da aula

O proxecto 'Miniempresas Coruña' busca estimular as capacidades de emprendemento entre os alumnos e preparalos para o mercado laboral

28.03.2017 | 23:48
Leccións para triunfar fóra da aula

Alumnos de varios centros de ensinanza de A Coruña e a súa área metropolitana participaron onte no CIFP Someso na presentación do proxecto Mini empresas Coruña, que busca fomentar a educación emprendedora a través da creación de mini empresas e outras propostas didácticas que impliquen a colaboración dos equipos docentes, a dinamización da comunidade educativa e a conexión co entorno, todo isto potenciando as capacidades profesionais e persoais do alumnado.

Esta acción desenvólvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, e establécese dentro do ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación Alcoa, que aporta máis de 53.000 euros ao proxecto, e LA OPINIÓN. De feito, na presentación de onte no CIFP Someso participaron o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; a subdirectora xeral de FP, Mª Eugenia Pérez Fernández; o director xeral da fábrica de Alcoa en A Coruña, José Gil Fernández Pulpeiro; e a directora de LA OPINIÓN, Carmen Merelas.

Entre outras actuacións en centros educativos da Coruña, o proxecto Mini empresas inclúe accións de sensibilización da comunidade educativa sobre a importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora; accións dirixidas tanto ao alumnado como ao profesorado para alcanzar a sensibilidade necesaria que permita a creación de iniciativas emprendedoras.

A iniciativa pretende, entre outros obxectivos, promocionar a creación de mini empresas entre os estudantes para o desenvolvemento dun produto/servizo, unha estratexia de marketing e venda do produto; desenvolver actividades de capacitación en habilidades emprendedoras; e preparar ao alumnado nas competencias e nas actitudes autónomas necesarias que favorezan o emprendemento co fin de capacitar ao alumnado para emprender.

Tamén inclúe accións de formación do profesorado para a sensibilización do alumnado en creación de empresas; formación específica do profesorado para o desenvolvemento e a elaboración de proxectos empresariais, favorecendo a adquisición de competencias emprendedoras no alumnado; e actuacións de intercambio de aprendizaxes, experiencias e coñecemento das necesidades da súa contorna socioeconómica, entre o alumnado e empresarios e mozos emprendedores para un maior achegamento entre o mundo educativo e laboral.

Toda esta información serviralle aos alumnos para participar no concurso Mini empresas, en dúas categorías segundo o seu nivel educativo: unha dirixida aos mozos de 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria (ESO); e outra para os dos ciclos de FP, Bacharelato e 3º e 4º da ESO.

Ademais, os estudantes realizarán unha publicación para a sensibilización e a difusión da cultura emprendedora.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine