Hoxe é o 2 de febreiro, Día da Candeloria, e segundo as tradicións populares galegas a partir deste día veñen os paxaros para emparellarse e criar. En Galicia era unha festa moi celebrada no ámbito relixioso e tamén no campo, como prefacio da primavera, e dicíase que era o día do casamento dos paxariños. Hai varios refráns que o lembran, coma: A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa. Outro refrán lembra que queda pouco para que remate este tempo: Cando a Candelaria chora, medio inverno vai fora; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar". Para os galegos tamén era a festa da luz e do amor ainda que hoxe é máis unha celebración relixiosa, o día no que se bendicen as candeas e incluso saen procesións das igrexas.