O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo acaba de lanzar unha nova edición do seu premio a artigos xornalísticos normalizadores e nesta décimo terceira entrega aumenta a cantidade que recibirá o gañador ata os 1.250 euros, según informaron onte os organizadores.

Os interesados poden presentar os seus artigos -de entre 1.800 e 3.300 caracteres e nos que se fale da situación do idioma- no Pazo da Cultura de Carballo ata o vindeiro 17 de abril. Os artigos poden versar sobre a situación sociolingüística do galego, o se estatus ou sobre iniciativas determinadas.