"Eu son un neofalante. Na miña casa, na Pontevedra dos anos 50, falábase castelán". Esta é unha das confesións que onte fixo o novo presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Fernández Freixanes, quen recoñece que comezou a súa "militancia" a prol do galego con 17 ou 18 anos cando atopou un espazo "afectivo para facer esta viaxe". Por iso, resalta que unha das misións da RAG debe ser conseguir espazos afectivos para que os galegos, sobre todo os mais, novos usen e estimen o idioma.

Doutorado en Filoloxía Románica, catedrático de Lingua e Literatura Galega e profesor da facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, Freixanes estivo gran parte da súa traxectoria profesional vinculado ao mundo editorial. Foi director da editorial Galaxia entre 2002 e 2016 e na actualidad é codirector da revista Grial (Revista Galega de Cultura) xunto con Henrique Monteagudo. Antes foi director xeral de Edicións Xerais de Galicia (1988-1993), director xeral de edicións do grupo Anaya e director de Alianza Editorial (1994-1998). Ademais preside desde o ano 2005 a Fundación Otero Pedrayo e é membro da sección da lingua co Consello da Cultura Galega.

Membro da RAG desde o ano 2004 é autor de diferentes libros como Memorias dun fuxido, A cidade dos césares, Unha avelaíña na lámpada ou O enxoval da noiva, entre outras, según recordan desde a Real Academia Galega.