Afundación proxectou onte a primeira ópera-rock realizada en Galicia, The Rebel, escrita por Miguel e Iván Caride, e na que se conta a historia do líder do Alzamento de Pascua irlandés Pàdraig Pearse. No espectáculo, a música en directo interactúa con pezas teatrais e a proxección dunha curtametraxe rodada en localizacións como Goián, os cantís de Loiba ou o mosteiro de Oseira. Tras a súa presentación na Coruña, percorrerá as sedes de Afundación en Santiago, Vigo, Ferrol e Lugo.