Os XVI Premios Opinión da Música de Raíz no teatro Rosalía de Castro renden homenaxe ao falecido Fran Pérez, Narf, un músico que morreu o ano pasado, e que facía, el tamén, amante dos Beatles, música de raíz.

"Estes premios son unha coartada para facer festa e para propoñer encontros e choques de trens que non se terían producido de non existir esta cita", explica a presentadora.

O Premio Opinión de Música de Raíz á mellor canción foi para Rosa Cedrón, por Benditas Feridas, un tema que, como lembrou ao recoller o galardón, relata "dalgunha maneira", o proceso vital que todos os músicos galegos teñen en común, a loita constante e o "intentar non caír do cabalo". A gala desta noite foi a décimosexta e, sobre o escenario do Teatro Rosalía de Castro, tocaron o zanfonista Germán Díaz co gaiteiro Anxo Lorenzo, as pandereteras de Algarada e, como avasalló final TRIM.

O galardón ao mellor artista recibiuno Fernando Barroso que, porén, non recolleu o de Mellor disco, que foi para Talabarte, por Fake. "Somos viaxeiros da música", recoñeceu o contrabaixista do grupo, Kin García, ao agradecer o recoñecemento.

O grupo Muxicas, de Vigo, foi o décimo premiado co galardón Andaina Senlleira.