O II congreso FP Innova Galicia acolleu a semana pasada 40 proxectos innovadores, nos que participaron 23 centros educativos e 30 empresas. A feira reuniu durante tres días no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a 250 alumnos, que deron a coñecer os 32 proxectos que desenvolveron na aula, así como as oito miniempresas creadas ao abeiro do programa Eduemprende. Outros 7.000 alumnos de centros de toda Galicia de ESO e de FP Básica puideron comprobar as potencialidades que presenta esta ensinanza en innovación, competitividade e empregabilidade.

O evento contou cunha área expositiva dos proxectos de innovación e unha parte dedicada a congreso, á que asistiron arredor de 300 docentes. As diferentes charlas e mesas redondas programadas contaron coa participación de empresas de relevancia como Navantia, Gas Natural Fenosa, Paradores ou Estrella Galicia, entre outras.

Tamén acudiu a directora xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación, así como de varios responsables institucionais das comunidades de Castela e León, País Vasco, Murcia e Comunidade Valenciana, que trataron a relevancia dos CIFP en España. Nas mesas redondas participaron a directora de programas da axencia Brainport Development, N.V. dos Países Baixos, Yvonne van Hest; eo delegado rexional do Instituto de Emprego e Formação Profissional da Região Norte de Portugal, António Leite.

A programación completouse 19 talleres de innovación vinculados cos proxectos expositivos.