A empresa lucense Champivil-Castelo acaba de lanzar ó mercado unha cervexa de grelos e outra de trompeta dos mortos (setas). Trátase, segundo informou a firma, de dúas cervexas artesáns -unha rubia e outra negra- resultado da colaboración da empresa co artesano cervecero galego Pablo Casanova, quen foi o primeiro en conseguir, en 2005, un rexistro sanitario para comercializar cervexa artesana feita na comunidade galega.