A nicaragüense Claribel Alegría, poeta comprometida e discípula de Juan Ramón Jiménez, resultou onte galardoada co XXVI Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana, que concede a Universidad de Salamanca e Patrimonio Nacional.

O premio, ao que concurriron 71 candidatos ten coma obxetivo recoñecer o conxunto da obra dun autor vivo que polo seu valor literario constitúe unha aportación relevante ó patrimonio cultural común de Iberoamérica e España.

Membro da chamada Xeneración Comprometida, nacida en Estelí (Nicaragua) no ano 1924 e residente en El Salvador desde que era nena, Alegría caracterízase por manter durante toda a súa carrera o compromiso coa resistencia non violenta, en contra dos rexímenes dictatoriales e as guerras e inxustizas sociais.