Día das Letras Galegas

Xinzo de Limia proxecta a Galicia soñada de Carlos Casares e eríxese como capital cultural

A Real Academia Galega ensalza a figura "poliédrica" do escritor ourensán e a súa defensa das institucións n Feijóo destaca o compromiso do intelectual cun galeguismo cordial e transversal

18.05.2017 | 12:29

"Tiña que ser aquí", xustificou onte a académica Fina Casalderrey na súa alocución sobre Carlos Casares (1941-2002) a celebración en Xinzo de Limia da sesión extraordinaria da Real Academia Galega (RAG), un acto público adicado ao autor de Vento ferido no Día das Letras Galegas. Tiña que ser na capital da comarca da Limia, engadiu, onde "bátese con forza" o seu recordo.

Xinzo de Limia acolleu tamén o acto institucional de recordo a Casares, no que se deron cita intelectuais, políticos, cargos públicos, familiares, amigos e veciños da vila. O seu fillo, Hakan Casares Berg, agradeceu que a emotiva homenaxe escollera Xinzo, un lugar que representa, dixo, "a proxección da Galicia que el viviu". Foi aquí, apuntou, "onde meu pai, sendo neno, foi consciente de que había unha Galicia, unha lingua e un acervo".

O día adicado a Casares comezou co pleno extraordinario da RAG ao que asistiron, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e os portavoces do PP e do PSOE; representantes das tres universidades galegas; o delegado do Goberno, Santiago Villanueva; o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, ademáis dos dous fillos do escritor Hakan e Christian Casares Berg, a súa neta Xulia e os seus irmáns Xavier e Mercedes Casares Mouriño.

O presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, foi o encargado de abrir e pechar o pleno no que os académicos Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero abordaron diferentes facianas dun autor "poliédrico" , escritor central nunha festa, a das Letras Galegas, que vai máis alá dun día, incidiu Freixanes, para terse convertido nun "movemento cívico de implicación" coa lingua e a identidade de Galicia.

Casalderrey abordou a infancia de Carlos Casares na Limia, que foi para el "a primeira escola do fantástico". Monteagudo falou do Casares constructor dunha narrativa para adultos. Xesús Alonso Montero escolleu a faceta de poeta que Casares desenvolveu durante a súa etapa como estudante universitario.

Freixanes salientou a súa dimensión como xestor cultural á fronte de Galaxia desde 1986 ata o final dos seus días, e como cidadán, un "home comprometido co seu país e co seu tempo". Nese senso, o presidente da RAG suliñou que "o compromiso por Galicia, pola lingua e pola identidade" moveron sempre a un Carlos Casares "convencido de que Galicia precisaba de institucións sólidas, cribles e capaces de concitar aceptación social".

A contribución do autor neste proceso foi abordado tamén polo presidente da Xunta, no acto que se celebrou na Praza Carlos Casares ao término do pleno da RAG. Antes, o Concello de Xinzo descubriu unha placa en recordo ao "escritor que imaxinou Galicia como un país de palabras". Feijóo referiuse a Xinzo como o Macondo "galego e real" de Casares, "poboado por xentes que sementaron nel o amor polo relato". Do escritor destacou a súa capacidade para "erguer", xunto con outros galeguistas, "a nova Galicia, non sobre dogmas, senón sobre palabras, afectos e acordos". Tamén se referiu o "optimismo" de Casares na relación coa lingua e gabou a súa visión do galego que emprega a lingua "como un irmán que cómpre convencer".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2017 A Coruña

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine