A Consellería de Educación premia os proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP de nove centros coruñeses.

O concurso contou con dúas modalidades: na primeira tratábase de proxectos sobre innnovación tecnolóxica e a mellora de procesos de produción ou prestación de servizos e na segunda, a finalidade era crear materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Na comarca da Coruña, resultaron premiados o CIFP Ánxel Casal por elaborar un prototipo de unidade ecosustentable para soporte de asistencia sanitaria, o CIFP Someso -en colaboración con varios centros da área de Ferrol- pola maquetación e modelización dunha estructura offshore eólica mariña e o el IES Fraga do Eume por una cervexa artesá, segundo informou onte a Consellería de Educación.