O porto de Ribeira e a pesca con palangre, protagonistas de 'Pescadores de historias'

O programa da TVG que dirixe e presenta X. H. Rivadulla Corcón falará cun patrón de altura e cun peixeiro, e visitará unha fábrica de anzois e un restaurante

11.06.2017 | 01:56
X. H. Rivadulla Corcón co mariñeiro Juan Vilar.

O porto de Ribeira destaca como o máis importante de Europa en capturas de peixe fresco. Aquí trabállanse artes de todo tipo, pero hoxe, o programa Pescadores de Historias da Televisión de Galicia (TVG) céntrase no palangre, unha arte que se considera selectiva, en canto a especies e tamaños, e que require unha importante especialización na tripulación dos barcos. Os mariñeiros de Ribeira saben que coidar o mar é imprescindible para garantir o futuro.

X. H. Rivadulla falará cun patrón de barco, Juan Vilar, da súa paixón polo mar mentres navegan pola ría de Arousa e; cun patrón de altura, Juan Francisco Pérez, que hoxe é armador con cinco barcos palangreiros que traballan nas augas das Illas dos Azores e no sur de África e cun peixeiro, Agustín Cadillo, con quen conversará das diferenzas que existen entre o peixe que se pesca co palangre e o pescado con artes de enmallado. O primeiro chega a terra en mellores condicións e o seu prezo en lonxa pode chegar a duplicarse con respecto aos prezos das outras artes.

O programa visitará a fabrica de anzois A Poutada, e Juan Manuel González, o responsable de produción, contará os inicios da empresa familiar, a cal comezou na industria cunha tenda de efectos navais, e logo comprou unha fabrica de anzois en Portugal que co tempo se trasladou a Ribeira. Unha característica hai que ter en conta desta empresa é que dous terzos do seus empregados son mulleres, nunha aposta decidida polo emprego feminino no Concello de Ribeira. A primeira muller que entrou a traballar na fábrica, Chus Fernández, relatará como é o seu traballo e que representa para ela esta aposta polo emprego feminino.

Saboroso sargo

O espazo dos domingos tamén visitará o restaurante Benboa, en Corrubedo, onde o presentador gozará dun saboroso sargo en compañía do seu dono, Carlos Brión. O local foi unha antiga fábrica de salgadura e hoxe, aínda que estea restaurado, conserva moi ben a alma da vella fábrica cos antigos materiais de construción, as madeiras e a pedra.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine