A profesora que namorou dunha lingua allea e á que se lle retirou o pasaporte en 1975 por dar clases en galego

"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", dicía

18.06.2017 | 13:52
A profesora que namorou dunha lingua allea e á que se lle retirou o pasaporte en 1975 por dar clases en galego

"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse como unha amorosa autofonía (...). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", explicaba María Victoria Moreno en 1993 no congreso Poetas alófonos en lingua galega. Unha mostra de como quedou prendada dun idioma e unha literatura allea a súa lingua natal cando chegou a comunidade con 22 anos.

A as súas clases semiclandestinas para ensinar galego - "en 1975 retiráronlle o pasaporte por este motivo", explicou onte Xesús Alonso Montero- e as oficiais en institutos de Lingua castelá, engádese unha amplia produción de obras en galego. Comezou con Mar adiante en 1975 dirixido os máis pequenos da casa e por ahí foi gran parte da súa obra. Anagnórise (1989) -considerado, segundo a RAG, un dos maiores éxitos da literatura xuvenil en galego-, Leonardo e dos fontaneiros (1986), Gedellas de seda e liño (1999) ou Diario da luz e sombra (2004) -no que fala do cáncer, unha enfermidade que acabaría coa súa vida un ano despois- son algúns exemplos.

Pero a súa obra vai más aló e foi coautora de varios libros de texto que aínda son de consulta obrigada. De feito colaborou en manuais como Literatura galega. Século XX, As linguas de España ou Verso e prosa.

"Foi unha grande da literatura galega e ademais cando se faga a historia do apostolado da lingua galega, ela terá que protagonizar un capítulo esencial", sinolou Alonso Montero, promotor da candidatura de Moreno.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

#eWomanCoruña

La jornada se celebrará el próximo 6 de marzo y contará con ponencias de mujeres que destacan por su trayectoria profesional y su liderazgo en diferentes sectores
¡Inscríbete!


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


Enlaces recomendados: Premios Cine