Sanidade detecta irregularidades en 558 locais de hostelería nunha semana

O 33% das infraccións estaban relacionadas coas condicións hixiénico-sanitarias

20.06.2017 | 00:38

A Consellería de Sanidade detectou durante a Semana Santa un total de 558 establecementos de restauración con incumprimentos, dos que o 33% estaban relacionados coas condicións hixiénico-sanitarias dos locais. O departamento da Xunta informou de que, de cara ao verán, reforzará as actividades comúns de control oficial nos establecementos de restauración colectiva. O motivo desta campaña é verificar que estes establecementos cumpren coa normativa vixente e, deste xeito, garantir aos cidadáns o servizo "máis seguro posible".

Durante a campaña de Semana Santa, revisáronse 3.128 establecementos. Os incumprimentos máis frecuentes foron os referidos a as condicións hixiénico sanitarias (33%); ao censado incorrecto no Regasa (31%); á rastrexabilidade do produto (14%); á información proporcionada ao consumido (9%) ou usar envases reenchibles de aceite (8%).

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Premios Cine

Premios Goya 2018

Sé el primero en conocer a los en directo y disfruta de las mejores imágenes de la alfombra roja y de la gala de los Goya

 

Consulta la lista completa de nominados al Oscar y disfruta con la alfombra roja.

 
Enlaces recomendados: Premios Cine