A Televisión de Galicia (TVG) posibilitaralles hoxe aos amantes da música clásica o goce do concerto que Gustavo Dudamel ofreceu o pasado 7 de xullo na praza do Obradoiro, no marco da segunda edición de Palabras para Galicia, organizado por Abanca. A cita será a partir das 11.15 horas, cando os espectadores poderán seguir a interpretación da 9ª de Beethoven, elixida por Dudamel por considerala unha das grandes creacións da humanidade. Para este concerto, Dudamel escolleu a Orquestra Sinfónica de Galicia, o Orfeón Donostiarra, a colaboración da Real Filharmonía, a soprano Marta Matheu, a mezzosoprano Lidia Vinyes Curtis, o tenor Marc Sala e o barítono Joan Martín- Royo.