Consciente do peso que cada día gañan as redes sociais, afirma que "papel e internet" teñen que facer un "tándem" no mundo da poesía pese a que aínda a publicación en papel ten máis peso que o que se pode plasmar na Rede. "Hoxe en día un poema considérase aínda inédito mentres un autor non teña un libro individual publicado, as antoloxías non serven", explica o poeta Ismael Ramos (Mazaricos, 1994) que conta con varios galardóns coma o premio Xuventude Crea de Poesía, o Premio Johan Carballeira, o Franciso Añón ou o Premio Fervenzas Literarias 2016 por Os fillos da fame.

Pese a que na actualidade non utiliza as redes sociais para publicar poemas, recoñece que hai uns anos tiña un blog no que volcaba algunhas das súas creacións que lle axudou "a ter mais lectores e poder acceder a publicar en papel". Ramos destaca o apoio de novas editoriais a poetas que xurden na comunidade e cree que a idade dos autores ten que ver con que a mocidade achéguese agora á poesía. "Eu como lector se vexo un autor de novela do 1995, por exemplo, non sei se mercarei a obra pero como mínimo me achego a botarlle un ollo, hai afinidade pola idade, queres ver de qué está falando", sostén este xoven poeta, quen recoñece que gracias as redes sociais "moita xente descubriu a poesía".

Recoñece eso sí, que o fenómeno de ventas que se está a producir en lingua castelá, obecede a un tipo de poesía "ó servicio do mercado, algo do que se aproveitaron por exemplo os cantautores, pero que tampouco é malo". "Se lles criticou moito e creo que non hai que facer unha guerra entre eles e outro tipo de poetas", sinalou e destaca: "En moitos casos a partir de este tipo de poesía, pasarán a outra máis elaborada, máis de autor". Recomenda un dos libros que máis lle gustou ultimamente: Si la carne es hierba de Claudia González Carparrós.