O auxe da poesía entre a xente nova

Versos que seducen á xuventude

Librarías galegas resaltan o forte incremento de xóvenes que mercan poesía - Expertos cren que se debe á presenza de versos na Rede, ás editoriais que apostan por autores novos e á actual mestura de xéneros

17.09.2017 | 12:27

A poesía engancha cada vez a máis público xoven. De ser un xénero con apenas seguidores entre a xente nova pasouse, desde hai un par de anos, a que algúns libros de poemas vendan miles de exemplares e que as firmas dos autores congregen a ducias de adolescentes que agardan para obter unha sinatura do poeta. O pulo das redes sociais -plataformas na que algúns autores expoñen os seus versos para darse a coñecer ou na que os usuarios comparten os seus poemas favoritos-, a aparición de editoriais que apostan por autores novos -Frida e Espasa Poesía en castelán ou Apiario e Chan da Pólvora en galego, entre outras- e a mestura da poesía con outro xéneros coma a música ou o audivisual están detrás deste incremento de lectores xóvenes, segundo explican editoriais, librarías e poetas galegos.

"Sempre houbo mozos que lían poesía, pero agora o xénero vive un bo momento. Xa non hai vergoña por recoñecelo como hai 15 anos e algunhas editoriais revolucionaron o sector porque apostan por libros de poemas de cantaurores ou xente que é moi coñecida nas redes sociais", resalta Esther Gómez da Librería Moito Conto da Coruña. "Hai varios booms de grandes editoriais que lograron vender miles de exemplares como pode ser o caso de Marwan. Son libros dunha poesía destinada a adolescentes, voces coas que se identifican os mais novos", comparte Dores Tembrás, da editorial coruñesa Apiario. Un fenómeno que fai que os rapaces volvan as librerías para demandar libros moi concretos. "Xa veñen a tiro fixo e preguntan polo que queren", indican na librería coruñesa Cascanueces, onde aseguran que o máis vendidos na actualidade son as propostas de Frida, rebautizada en Mueve tu lengua, en castelán e os de Apiario, en galego.

Trátase de diferentes autores que as librerías concentran nos estantes de poesía aínda que non sempre as súas obras son 100% de este xénero - "mesturase a prosa poética, libros de cantautores...", indican desde Moito Conto-, pero con un denominador común: comezaron compartindo o seus versos nas redes sociais e tras contar con miles de seguidores deron o salto ó papel. É o caso do galego Defreds, de Diego Ojeda, Luis Ramiro, Carlos Salem, Elvira Sastre ou Sara Bueno. Pese a que desde o sector consideran que moitas veces esta poesía é más sinxela e dentro de este tipo de libros os hai "de maior e menor calidade", recoñecen que é un modo de achegar os versos ós máis novos da casa. "Isto abre portas á que coñezan outros poetas", indican en Moito Conto. Unha idea que comparte o poeta coruñés Ismael Ramos: "En moitos casos a partir de esa poesía máis o servicio do mercado, os rapaces chegarán a outros poemas máis elaborados, mais de autor".

Pero nun sector no que, segundo recoñecen os autores, publicar en papel aínda é determinante para ser recoñecido, as editoriais que apostan por novos autores foron claves neste incremento de lectores xóvenes de poesía. No caso de Galicia, Chan de Pólvora e a coruñesa Apiario son un referente que serviron para dar voz a poetas novos de Galicia. "Na actualidade hai un grupo de poetas xóvenes moi interesantes. A literatura galega é de altisima calidad e temos unha potencia poética impresionante", indica Dores Tembrás de Apiario, onde publicouse a antoloxía poética No seu despregar, no que se amosa a obra de poetas novos como Gonzalo Hermo, Alba Cid, Antón Blanco, Celia Parra, Ismael Ramos ou María Vilas, algún deles aínda sen libro individual publicado. Tembrás négase a falar de xeración xa que aínda non pasou o tempo necesario para poder etiquetar a todos estes poetas novos (a maioría menor de 30 anos). "Son voces moi diferentes que traballan distinto pero que teñen uns referentes comúns: viviron as mismas circunstancias históricas, veñen do mesmo lugar", indica Tembras, e todo iso unido a unha cuestión de idade fai que conecten mellor co público máis xoven. Unha opinión que comparten parte dos autores que saen na antoloxía. "Non me gusta falar de xeración porque iso é algo que so pódese dicir con paso do tempo. Os novos autores temos estilos moi distintos e temos en común ademais da idade, o ser nativos dixitais, vivir a crise económica", indica a poeta Celia Parra. "Convivimos nun mesmo momento e temos en común o mesmo que podemos ter cun pintor do noso tempo", engade Ismael Ramos.

Á marxe dos libros, a oferta cultural diversifícase para achegar a poesía en diferentes formatos a tódolos públicos, incluídos os máis novos da casa. O ciclo de Poetas d(in)versos -onde autores de diferentes nacionalidades fan lecturas de poemas- e os obradoiros de videopoesía do centro Ágora, os talleres e cursos de escrita de Apiario ou os combate poéticos na rúa que organiza a asociación Sen Ánimo de Nome son un exemplo. A poesía reinvéntase para chegar a todos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Lo último Lo más leído
Enlaces recomendados: Premios Cine