Asegura que cada vez "se lle perde máis o medo a mesturar a poesía con outras cousas" e isto é unha das claves de que a xente nova achéguese agora a un xénero que nunca contou con moitos seguidores entre a xuventude. "Os recitais musicais, a videopoesía, os obradoiros de escrita, a ensinanza de poesía contemporánea nas escolas... eu creo que a poesía vive unha boa época", sostén a poeta Celia Parra (Ourense, 1990) que conta, entre outros, co premio Ánxel Casal de poesía ou o galardón Avelina Valladares.

Vinculada tanto ao mundo do audiosual coma o da escrita —desde ben pequena xa escribía os seus propios contos—, Parra recoñece que lle gusta "experimentar con outros xéneros", sobre todo o que consiste en mesturar poesía con audio ou imaxe. Experta en videopoemas, esta semana comenzou a impartir a segunda edición do Obradoiro de Iniciación a Videopoesía no centro Ágora da Coruña. "O obxectivo é que calquer persoa experimente con xénero e poida realizar un videopoema. Para iso primero facemos un pequeno percorrido teórico sobre este proceso de creación e despois os alumnos grabarán imaxes e editarán un videopoema que logo se analizará na clase", sostén Celia Parra, quen tamén traballa no documental Versogramas, coproducido por ela e Esferobite, no que fai un percorrido pola videopoesía internacional da man dos autores más relevantes.

A autora de No berce das mareas asegura que para ela "tan válido é publicar nas redes como en papel" aínda que recoñece que publicar un libro ou gañar un premio supón pasar un filtro que non se da en internet. Incapaz de recomendar so unha obra aposta por Vestir a noite de Olalla Cociña para os que queran iniciarse no xénero e Fillos da fame de Ismael Ramos ou Os nomes e os himno de Xesús Castro para os acostumados á poesía.