ESPAZOS EDUCATIVOS

Máis de 80 centros amplían o plurilingüismo a Infantil

19.09.2017 | 01:08

Un total de 81 centros terán por primeira vez este curso plurilingüismo en Educación Infantil: 33 na provincia de Pontevedra, 26 na Coruña, 14 en Ourense e oito en Lugo. No caso do Pluribach, serán catro centros os que, tamén por primeira vez, amplíen este modelo a bacharelato. Trátanse do IES Campo de San Alberto de Noia, na provincia da Coruña e outros tres en Ourense: o CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús, o CPR Plurilingüe Divina Pastora e o IES Eduardo Blanco Amor.

A Rede de centros plurilingües estenderase a 29 novos centros este curso, sumando así un total de 311, un 10,3% máis que no 2016/17. Isto significa, a maiores, multiplicar por máis de cinco o número de centros plurilingües que había no curso 2010/11. En canto ás sección bilingües, aumentan en 211 ata chegar ás 4125, un 5% máis con respecto ao curso pasado. En concreto, son 100 os centros que incorporan seccións bilingües, dos que 30 o fan por primeira vez. Si se teñen en conta os datos do curso 2008/09, no que había 720 seccións, o novo dato supón multiplicar por case seis este dato.

Entre os obxectivos da nova Estratexia galega de linguas estranxeiras, EDUlingüe 2020, está alcanzar os 500 centros plurilingües, 600 novas seccións bilingües e duplicar o número de auxiliares de conversa ata chegar aos 1000. Tamén se favorecerá a certificación de nivel do alumnado, co fin de que o 30% dos mozos que finalicen a ESO en centros plurilingües certifiquen un nivel B1, e o 30% dos de Bacharelato faga o mesmo en B2.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine