Chus Pato reivindica á poesía como garante do futuro do idioma no seu ingreso na RAG

A autora ourensana, que cubre a vacante de Xosé Fernández Ferreiro, será a sexta voz feminina no pleno da institución n "Un idioma vive a través dos poetas", afirma

24.09.2017 | 17:54
Victor Freixanes e Chus Pato, onte, en Ourense.

A poeta Chus Pato (Ourense, 1955) ocupa desde onte unha cadeira no pleno da Real Academia Galega enchendo coa súa poesía a vacante que deixou o tamén ourensán Xosé Fernández Ferreiro tras o seu pasamento. Pato representa a sexta voz feminina no pleno da institución. O Paraninfo do IES Otero Pedrayo foi o lugar escollido pola Academia para celebrar a sesión extraordinaria pública por ser o centro educativo no que a nova académica cursou os seus estudos.

O "medo" que a autora sentiu aos 9 anos cando percorreu o salón para examinarse e ingresar no instituto tornouse onte en emoción ao presentarse ante o pleno da RAG acompañada das tamén académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey. "Una fermosa e histórica fotografía", recoñeceu o presidente, Víctor Freixanes, "xa que por primeira vez dúas mulleres académicas e outra que o vai ser entran xuntas nesta casa; esto ten que ver coa filosofía que a Academia ven defendendo nos últimos anos".

Chus Pato voltou así ao instituto no que cursou os seus estudos para facer historia convertíndose na primera muller ourensá na RAG, pero tamén para reivindicar a poesía como "un dos medios que un idioma usa para sobrevivir". Un idioma, expresou a autora, "vive a través dos poetas".

O seu discurso, titulado Baixo o límite, foi pronunciado ante un salón que se quedou pequeno para acoller ao público e no que coincidiron intelectuais, cargos públicos de diferentes cores políticas, familiares e compañeiros da nova académica, entre eles, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o secretario de Política Lingüística, Valentín García; os deputados Antón Sánchez e Ánxeles Cuña; o alcalde de Lalín, Rafa Cuíña; o vicerreitor do campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goreti Sanmartin, e outros coñecidos da política e da cultura galega.

Chus Pato comezou lembrando a Xohana Torres, falecida o pasado día 12, que coa súa ausencia deixa un baleiro na Real Academia Galega. Ao término da celebración a nova numeraria reivindicou tamén unha maior presenza feminina na institución e que esta vacante sexa ocupada por outra muller. "As mulleres sostemos a metade do ceo", dixo tomando as palabras de Xohana Torres, "e polo tanto o normal e que tamén poidamos estar nesa outra metade da terra, e non estar escondidas nin marxinadas".

No discurso de entrada na RAG, Chus Pato fixo unha reflexión sobre a creación poética e os seus límites que profundou na relación da poesía coa linguaxe e a filosofía. E tamén sobre a importancia da poesía para o idioma. Neste senso, a autora aproveitou a ocasión para reivindicar o dereito dos nenos e mozos a seren educados na arte poética. "O poema é un dos medios que un idioma usa para sobrevivir. Un idioma vive a través dos poetas, a miúdo un poema leva a escritura do poeta máis alá do que el ou ela puidesen sospeitar, ese é o intre no que o futuro do idioma invade o presente", expresou.

Apostou tamén polo dereito da poboación a seguiren estudos superiores de escritura poética "se así o desexaran", para o que sería preciso contar con cátedras que impartisen aulas da materia "e que como noutras universidades do planeta" servisen de altofalante a poetas xa consagrados. Desta forma, afirmou, os máis novos "terían a posibilidade de recoller o seu herdo".

O discurso de Chus Pato for respondido polo tamén académico Francisco Fernández Rei, que a definiu como "unha das figuras máis innovadoras e de maior proxección internacional da poesía galega contemporánea".

Tras recibir do presidente da RAG o diploma e a medalla, Chus Pato ocupou, entre unha grande ovación, a súa cadeira.

Pato está considerada unha das voces máis innovadoras do xénero lírico contemporáneo en lingua galega. É licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago a aínda que nada en Ourense, reside e traballa en Lalín (Pontevedra) desde 1995.

Os versos de Secesión (do ano 2009), lidos por ela mesma forman parte, desde 2015, dos fondos sonoros da Woodberry Poetry Room da Universidade de Harvard, xunto aos de autores como Jack Keoruac, T.S. Elliot ou Borges. Trátase do primeiro autor en lingua galega que forma parte desta prestixiosa biblioteca.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine