Vaia troula remata hoxe á noite a tempada desde o concello ourensán de Viana do Bolo e percorrendo toda Galicia na procura das mellores celebracións da semana. Nesta edición, o espazo despide os meses centrais de festexos cun programa cargado de sorpresas, boa música e alegría.

A presentadora Nieves Rodríguez dará a benvida os espectadores desde o concello ourensán de Viana do Bolo, na parroquia de Punxeiro, para participar nunha nova edición da Festa da Vendima. Alí haberá unha divertida ruta de adegas, acompañada pola mellor comida da zona e a música de grupos tradicionais e charangas.

Pola súa banda, Ariadna Leis irá ata O Rosal. Nese concello pontevedrés celebran as Festas da Pilarica cunha recreación do traballo dos antigos cabaqueiros, que elaboraban tellas de xeito tradicional.