O 'Dicionario' da Real Academia Galega ronda xa as 55.000 consultas diarias

A ferramenta supera os 15 millóns de buscas rexistradas no que vai de ano

01.11.2017 | 15:23

O Dicionario da Real Academia Galega (RAG) é cada vez máis unha ferramenta cotiá indispensable da lingua galega. O traballo de actualización permanente e as novas vías abertas para favorecer a interacción cos usuarios e usuarias, desenvolvidas co apoio da Fundación Barrié, quedan reflectidas no notable incremento das consultas recibidas nos últimos meses ata achegarse ás 55.000 consultas diarias.

Estes días superou a cifra dos 15 millóns de buscas rexistradas desde o 1 de xaneiro de 2017 a través da páxina web da Academia e do Portal das Palabras, mellorando así, cando aínda faltan dous meses para que remate o ano, os 14,4 millóns de consultas coas que pechou 2016. A esta cifra hai que sumarlle unas 1,6 millóns de visualizacións -máis do dobre que en todo 2016- das aplicacións do Dicionario para Android e iOS, que suman case 70.000 descargas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine