Autora de mais dunha vintena de obras, tanto en galego coma en castelán, e un referente nos traballos de investigación sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, a escritora Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) ingresa hoxe como Académica de Honra na Real Academia Galega (RAG). Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía? será o título do seu discurso de ingreso, que contará coa resposta do académico numerario Xosé Luís Franco Grande.

- Obtén a máxima distinción que otorga a RAG a unha persoa viva, como se recibe esta noticia?

-Nos estatutos da RAG indícase que é obrigatorio a residencia en Galicia, si un académico é nomeado pero despois vaise deixa de selo. Para entrar nese reducto que defende o galego hai que vivir aquí ou ser nomeado Académico de Honra. Síntome moi honrada porque quere decir que queren ter relación comigo que vivo fóra de Galicia e que hai xente dentro da RAG que pensa que o que estou a facer é importante para este país.

- Sinte que está a cumprir con ese papel de difundir a cultura galega fóra da comunidade?

-Eu o que sinto é que son galega e os galegos levamos Galicia alí onde estamos. É unha maneira de pensar, unha maneira de vivir, unha idiosincracia e supoño que iso é o que hai que facer. Non se trata de facer unha literatura de propaganda, trátase de facer o mellor posible e que iso se vincule a unha terra determinada.

- Centrou gran parte da súa investigación nas figuras de Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, por que?

-Curiosamente eu empecei a traballar sobre Rosalía moi noviña, ó final da carreira, na tesina, e daquela Rosalía era unha figura que aínda tiña moitos aspectos sen estudiar, non so a escollín porque me gustaba senón por ser unha figura sen estudiar en moitos aspectos. No caso de doña Emilia Pardo Bazán tamén, das grandes figuras do XIX, non sei se por ser muller entón era unha figura que tiña menos bibliografía que outras e a comencei a estudiar porque pensaba que ahí había un campo de investigación aberto.

- Co paso do tempo, xa se lles recoñece o peso que tiveron la historia galega?

-Rosalía hoxe para Galicia é unha gran figura, moito máis xa que unha gran escritora, en certo modo é unha representante, un símbolo de Galicia, e iso é unha cousa especial porque moi poucos escritores chegan a ter esa representatividade. Pero fóra de Galicia, é unha figura que probablemente aínda está por recoñecer en moitos sitios. En certo modo tamén pasa con Emilia Pardo Bazán que ten moitas traduccións e estudiosos fóra de Galicia e España, pero penso que aínda é unha figura que se pode dar a coñecer mais.

- Escribe obras tanto en galego como en castelán, como decide en que idioma irá a seguinte?

-Depende un pouco de onde esté porque na miña casa se falaban as dúas linguas. O meu pai era castelán, dunha pequeña vila de Toledo, e miña nai e miña avóa sempre falaban entre elas galego. Eu escoitei o galego na miña casa desde sempre pero o meu pai falábanlle castelán. Para mí Galicia sempre tivo dúas linguas e eu sinto tanto o castelán como o galego como linguas propias e depende onde estou, se estou aquí falo en galego, penso en galego e escribo en galego, e se comezo en galego sigo así. Se empezo en castelán sigo en castelán e non hai outra razón.

- Como ve a literatura galega na actualidade?

-Vexo xa como a de calquera lugar nese sentido de cosmopolitismo. Hoxe non hai distancias, con internet e os viaxes a capacidade de moverte e de coñecer o que se está a facer noutros sitios é algo que teñen as novas xeracións e non a miña. Estase universalizando toda a literatura, en Galicia tamén. Hai diferencias porque hai cousas de idiosincrasia dun pobo que se manteñen e que hai que intentar manter porque é o que da individualidade a unha literatura pero as técnicas narrativas xa se universalizan.

- Case o 40% da poboación recoñece que nunca le. Como se pode atraer a máis lectores?

-Cando a xente que ten un neno pregúntame 'cómo podemos facer del un lector?' sempre lles digo que contándolle contos e lerlle tanto a nai como pai. Se a un neno se lle le desde pequeno, lerá. Trátase de que na familia se lea. Se na casa non ve que se le acaban non lendo.

- Sinte vostede que a cousa vai a peor co auxe das novas tecnoloxías?

-Segundo me comentan os editores de libros para nenos, iso véndese ben. Hai libros para nenos preciosos, con ilustracións preciosas e estánse formando lectores potenciais. O éxito de obras como Harry Potter fai pensar que se das co que lle interesa, os rapaces len.

- Cando vostede está doutro lado, que lle interesa como lectora?

-Leo un pouco de todo, sempre fun profesora de literatura e un pouco por obriga lía de todo. Por placer gústame moito as novelas policíacas.

- Algunha recomendación?

-Non, penso que cada un ten que descubrir o que lle gusta. Eu volvo constantemente a poesía, hai autores que releo como Luis Cernuda, Miguel Hernández ou Rosalía. As novelas case se me esquecen pero hai tanto que non hai tempo a reler.

- Que vai atopar o lector na súa nova obra El amor, la vida y más allá ?

-Trata do amor, a vida e a morte, temas universais que chegan a calquera.

- Tamén acaba de reeditar Recuerda, cuerpo . Por que?

-Vivimos nun mundo moi apresurado. Este foi un libro que hai vinte anos vendeuse moi ben, pero logo chegou momento que no se vendía, era un libro morto porque xa non se facía publicidade e non se falaba de él. Un editor dixo que a él lle gustaba e decidiu reeditarlo para un novo público vinte anos despois.