A escritora Marina MayoralMarina Mayora ingresou onte na Real Academia Galega (RAG) coma Académica de Honra, a máxima distinción que otorga esta entidade a persoas en vida e que ata o de agora só recibiran outras oito mulleres. Autora dunha vintena de obras -moitas en galego- e especializada no estudo das figuras de Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, Mayoral centrou o seu discurso de ingreso na primeira delas para explicar por qué Manuel Murguía decidiu destruír as cartas de Rosalía antes de morrer. A escritora lucense aproveitou a ocasión para detractarse da primeira opinión que tivo sobre esta cuestión. Se hai 48 anos Mayoral pensaba que Murguía destruira a correspondencia da poeta "para preservar a súa propia imaxe", agora ten claro que non foi así. "A súa intención non foi protexerse a sí mesmo senón protexer ante a posteridade a imaxe da súa muller", explicaba a nova académica nada máis comezar o seu discurso.

Tras anos de investigación e consulta de textos e cartas de Rosalía e Murguía, Mayoral ten claro que o historiador "construíu a imaxe dunha Rosalía mártir, que se compadecía da dor allea e que mantivo sempre unha actitude digna e nobre ante a propia dor". Unha imaxe que non se correspondía ao 100% coa realidade. "Hai poemas onde se ve que non é tan compasiva ou cartas nas que afirma que nunca mais escribirá en galego", explicou onte Marina Mayoral, quen ten claro que "nas cartas había algo que non encaixaba coa imaxe de Rosalía e por iso decidiu destruílas". Un acción, sen embargo, que para Mayoral "foi inútil". "Destruíunas crendo que destruía unha imaxe de Rosalía que só él debía coñecer, pero equivocouse. Toda Rosalía está nos seus versos se se saben ler con atención, sen prexuízos", asegurou.

Para Mayoral a destrucción das cartas é só unha das accións que Murguía levou a cabo o longo da súa vida para protexer a súa esposa e fomentar a "mitificación de Rosalía". A nova Académica de Honra repasou brevemente a historia do matrimonio para, a través de citas e refencias a documentos da parella, demostrar cómo Murguía sempre creu no talento da poeta, mesmo cando ela non confiaba na calidade dos seus poemas e a empuxaba a non deixar a escritura.

Murguía fomentaba a imaxe dunha Rosalía humilde, modesta, compasiva e que seguía os cánones da chamada poesía feminina pese a que na práctica, a poeta non respondía a este perfil. "O libro Follas Novas, por exemplo, sitúase case todo fóra das normas da época", explicou Mayoral.

Pese as luces e sombras que pode haber na biografía da autora de Cantares Gallegos, Marina Mayoral ten claro que Rosalía "é máis cunha grande escritora". "Encarna a voz do pobo galego, é a súa alma mater, quen reflexou mellor que ninguén a psicoloxía e problemas do pobo galego, a voz que denunciou as inxustizas e reivindicou os seus dereitos", sinalou Mayoral que ten claro que Murguía contribuíu dalgún xeito a imaxe que hai na actualidade de Rosalía. "Como dixo don Américo Castro, Italia ten a Dante, Alemaña a Goethe, Inglaterra a Shakespeare, España a Cervantes e Francia a Victor Hugo. A esta pequena lista hai que engadir que Galicia ten a Rosalía", resaltou Mayoral, que finalizou a súa intervención recordando puntos de Galicia que foron claves na súa vida coma a casa de Ramón Piñeiro -"para mín un verdadeiro fogar", indicou emocionada-, a Universidade de Santiago na que comezou os seus estudos superiores e na que imparten docencia "amigos moi queridos e admirados" e a casa familiar de Mondoñedo onde vivíu cos seus pais e a súa avóa.

Como marca o protocolo dos ingresos na RAG, outro académico -neste caso Xosé Luís Franco Grande- ten que dar resposta ao discurso da homenaxeada. Grande, que definiu a Mayoral coma "unha personalidade literaria de proxección internacional", destacou que a autora levou o nome de Rosalía e Galicia por universidades de todo o mundo e resaltou a "suxestiva, suxerente e sempre ben construída obra narrativa" da autora.