A versión online do Dicionario da Real Academia Galega (RAG) bateu récord de consultas o pasado ano. Nos últimos doce meses o Dicionario rexistrou mais de 20,5 millóns de consultas de palabras, o que supón unha media de 56.000 diarias e un incremento do 42% respecto ás 14,4 millóns de consultas de 2016, segundo informou onte a entidade.

O balance confirma, para a RAG, " a consolidación do Dicionario coma unha ferramenta cotiá imprescindible da lingua para un crecente número de persoas, en constante actualización co apoio da Fundación Barrié". Desde a RAG recordan que ademais de axudar a resolver dúbidas sobre o significado ou a ortografía, o Dicionario online fomenta a participación dos usuarios en mellorala ferramenta e por iso hai a opción "axúdanos a mellorar" o final de cada definición e inclúe novidades como a inforporación da busca directa de termos en forma feminina.

No pasado 2017 o Dicionario rexistrou máis dun millón de usuarios únicos, uns 192.000 mais que os acadados en 2016. Ademais dos vinte millóns de consultas rexistadas no Dicionario hai que sumar dous millóns de visualización a través das aplicacións para o Dicionario para Android e ISOs, con 70.000 descargas, informou onte a RAG que conta con a versión online do Dicionario desde o ano 2013. Na web é posible ver os termos mais buscados. Afouteza, burguería e sapoconcho foron as principais consultas da semana pasada.