O Concello de Arteixo tomou a decisión o pasado setembro de colocar cámaras de vixiancia naqueles lugares onde se detectaba a existencia continuada e habitual de vertedoiros ilegais. O obxectivo destas cámaras -que rotan a diversas partes do municipio- pasa por localizar e sancionar a aqueles infractores que atentan contra o medio ambiente con este tipo de prácticas.

A existencia das cámaras -que están anunciadas con carteles no lugar onde se instalan- reduciu na metade o número de vertedoiros localizados no último cuatrimestre do ano respecto o mesmo periodo no 2016. Mentres que entre setembro e decembro de 2016 localizáronse 92 vertedoiros ilegais, no mesmo periodo do ano pasado descubríronse 42.

Durante o 2017, o Concello de Arteixo tivo que retirar 113 vertedoiros ilegais de diversos puntos do municipio, mentres que no 2016 foron 161 os que se retiraron.

O efecto disuasorio das cámaras provocou que no lugar onde existía o maior punto de vertedoiros do municipio, situado en Suevos nun camiño forestal que marca o límite co municipio da Coruña, desapareceron os vertedoiros incontrolados, cando era un lugar no que tradicionalmente aparecían decenas o ano -sobre todo procedentes de reformas da construcción- debido a súa cercanía a cidade coruñesa e a súa facilidade de acceso.

As sancións por esta práctica ilegal poden ir desde 900 euros ata os 45.000 euros según a gravidade do vertido e os materiales que se tiren sin control.

O departamento de Medio Ambiente de Arteixo, por medio do traballo realizado polos gardas ambientais adscritos a este servicio, vense encargando de vixiar, retirar e xestionar a retirada dos vertedoiros incontrolados que existen no territorio arteixán, ademais de investigar a posible orixe e os causantes dos ditos vertedoiros. Como regra xeral os vertedoiros soen aparecer en camiños e pistas de zonas rurais e estar compostos de residuos de diferente tipoloxía, aínda que tamén poden aparecer preto de zonas urbanas. "En calquera caso, o que si se pode afirmar é que a orixe destes residuos semella ser a realización de pequenos arranxos domiciliarios e mudanzas. Aínda así, téñense detectado vertedoiros os residuos dos cales proceden de diferentes obras maiores e actividades mercantís ou industriais", explica Víctor Merelas, concelleiro de Medio Ambiente.

O procedemento para a localización dos vertedoiros incontrolados baséase no coñecemento dos mesmos que é realizado por diferentes medios: aviso por parte da cidadanía, localización directa por parte dos gardas ambientais e remisión de informe por parte dos axentes da autoridade, é dicir, policía local, garda civil (Seprona) e policía autonómica.