'Vivir aquí' amosará como se preparan os pratos de culler de toda a vida

Os reporteiros de 'Galicia viva' estarán en directo nos ensaios do grupo A Roda

22.01.2018 | 00:45

O que non queira caldo, que tome sete cuncas, reza o dito popular, pero, nestes días de frío, quen lle di que non a un bo prato de culler? O programa Vivir aquí verá hoxe como se preparan os de toda a vida: o caldo, os callos, a fabada... Algúns contan con exaltación propia e todos, cando se preparan, converten a cociña nunha auténtica festa.

O espazo da Televisión de Galicia (TVG) ofrecerá reportaxes sobre o caldo que preparan en Lalín, os callos de Meis e a fabada de Lourenzá. Os reporteiros do programa tamén comprobarán como se prepara unha sopa de peixe tradicional e outra máis vangardista e, para rematar, tomarán nota dunha receita doce: a sopa de burro canso que preparan en Muíños.

'Galicia viva'

Por outra banda, o espazo Galicia viva comezará a semana con música. Hoxe, un equipo do programa cóase no estudio de ensaios do grupo A Roda. O espazo estará coa mítica formación musical que, ademais, xa está na segunda xeración de músicos e celebra os 40 anos da formación.

Noutra das conexións, o programa visitará a clínica Ollo Piollo, un establecemento que ofrece os servizos de prevención e eliminación de piollos, a través de distintas técnicas naturais.

Por último, Galicia viva irá ata Allariz onde visitará o ecoespazo O Rexo para saber como fan o seu famoso queixo e ver como se crían os cordeiros de onde sae esta exquisitez.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


Enlaces recomendados: Premios Cine