O fermoso navío ruso Kruzenfhtern, con 115 metros de eslora, terá hoxe unha visita especial coas cámaras da Televisión de Galicia (TVG) e os reporteiros de A Revista Fin de Semana. Este buque-escola de formación de cadetes da mariña rusa organiza neste día unha xornada de portas abertas ao público vigués. O Kruzenfhtern, considerado entre os dez buques-escolas más grandes do mundo, ten un pasado histórico moi relevante, xa que foi pesqueiro, barco de pasaxe no Báltico, buque de guerra e actual buque-escola. A súa esbelta figura sucando os mares foi reproducida en numerosas ocasións.

Por outra parte, Roberto Pereira, exdecano da Facultade de Económicas da Coruña, contestará as preguntas de María Solar, relativas sobre todo á actualidade sobre o futuro das pensións e ás expectativas para o aforro privado.