O Pescadores de Historias desta noite -o programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón- estará na vila lucense de Ribadeo, orixe da cultura mariñeira galaico-asturiana.

Falarán no programa un matrimonio entre un mariñeiro de Galicia e unha percebeira de Asturias, que dedicaron toda a súa vida ao mar. Xa xubilados, contarán a historia de amor co mar como protagonista. Diego García é outro mariñeiro asturiano que, a pesar de ter só 32 anos, xa leva catorce traballando como profesional xunto ao seu pai, oficio que se transmite de xeración en xeración na súa familia.

Para xantar, os produtos da ría o Pescadores de Historias estará en Mirandilla de Rinlo, onde cociñará David Rodríguez. Os produtos do mar que vai cociñar son salmonetes e choco, moi representativos desta ría. E nesa mesa de Mirandilla xuntaranse os mariñeiros de ambas as dúas bandas para facer visible a fraternidade mariñeira.