A Revista da Televisión de Galicia (TVG) acudirá hoxe ata Camariñas, onde se esta a celebrar a 28 edición da tradicional Mostra de Encaixe. Esta mostra durará ata o domingo e reunirá aos mellores expertos nesta arte. O programa asistirá en directo ao desfile de deseñadores noveis, e ao encontro de encaixeiros. Ademais, tamén haberá espacio para a música coa actuación do grupo folclórico, Con todo en banda.

O programa estará tamén en directo no Carballo Handball Festival, no día en que a localidade coruñesa centra a atención do balonmán de toda Galicia. Ata 800 novas promesas de todas as categorías se reúnen en Carballo para aprender, adestrar e tamén competir neste deporte.

No eido das entrevistas, estarán en A Revista Carmen Varela, da Asociación querENDO e Helena Rodríguez, xinecóloga do Hospital Álvaro Cunqueiro. Ambas as dúas falarán sobre a endiometriose, unha enfermidade sobre a que a sociedade non está moi concienciada.

Tamén estará hoxe con Sevi Martínez o cantante e compositor Diego Guerrero. Moncho Lemos achegará as estreas do cinema e Carla Reyes, novos temas sobre igualdade.